Saltear al contenido principal

Ver Perfil

Perfil

Nombre

Repair Café A Coruña

Dirección

Museo Domus de A Coruña, R. Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña, España

Información

Ola! O noso Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:

A difusión das tecnoloxías libres e da soberanía dixital
A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos coa fin de aumentar a súa vida útil. Isto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
A redución da fenda dixital

Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que xorden da colaboración de varias asociacións e da implicación de ONG de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara as persoas que os necesitan.

Buscamos ir máis alá da reparación dos equipos, impartindo formacións sobre o uso destas tecnoloxías e obradoiros de reparación. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación, e o que ocorre coa súa eliminación. Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). En A Coruña, estamos implicadas persoas voluntarias das asociación Enxeñería Sen Fronteiras e Bricolabs.

 

Horario de apertura

A nosa intención é organizar un Repair Café mensual durante o ano 2024.

O Primeiro dos Repair Café mensuais que levaremos a cabo no museo Domus de A Coruña será:

Data: venres, 26 de abril
Horario: 17.00 a 20.00 horas

Sitio web

https://galicia.isf.es/bancos-de-reciclaxe-electronica-con-software-libre/

Twitter

https://twitter.com/ESFGALICIA

Contacto

[email protected]

Número de teléfono

+34616482579

E-mail[email protected]
Volver arriba